Feeds:
Entradas
Comentarios

Posts Tagged ‘taxas’

Pararon as rotativas pola primeira vez «na historia da democracia en Vigo» que se conxelan as taxas e impostos municipais. Pois haberá varios alcaldes que dirán que non é verdade, que eles xa conxelaron os impostos. O segredo parece estar en que os anteriores os aumentaron o mesmo que o IPC, mentras que agora nin iso vai subir Caballero. Parece lóxico, xa que o IPC xa non vai valer nin para subir soldos nin pensións, que tampoco valga para subir impostos. Tamén parecerá lóxico que pola parte do Pp estiveran en contra, xa que logo afirman que o Concello ten unha importante débeda oculta, e que a austeridade obriga a mantelos e mesmo subilos impostos que esta idea non lle gustara. Pois non, o mesmo señor que onte dicía que estabamos en crise e que tiñamos que pechar os servizos públicos por falta de cartos, agora di que non hai que recaudar. Eu non entendo, pero é que eu non teño os estudos de Fidalgo. Dos de Figueroa non digo nada, claro.

Isto debe ser como aquilo de que a xente non lle gustan as humanizacións, que o que queren é que lles arranxen as canalizacións de auga. Pero cando se enteran de que non lle cambian as losetas, ben que saen a manifestarse e mesmo paralizan as obras que fagan falta. E non entraremos no tópico das subvencións ás compañías aéreas, que onte eran a causa de pérdida de viaxeiros en Peinador e agora necesitamos máis. Según o que se dicía hai so un mes, o Concello vai á quiebra económica e está disposto a afundir o aeroporto, e todo co apoio da oposición, claro. Duros tempos nos que mesmo o Atlántico Diario ten que soltar algunha perliña en apoio ás teses de Caballero e contra as da Xunta. Que nos explicaran como mandar a eses turistas das «Rías Baixas» para que vaian dende Peinador ata Nigrán non pediremos explicacións, non vaia ser que nos enchan as carreteiras de bicicletas da Deputación.

mexilon

Louzán enterouse de que en Europa te andan en bici e foi buscar ao que entende el por un estranxeiro para comprobalo.

Read Full Post »