Feeds:
Entradas
Comentarios

reiniciando vigo

Está Abel Caballero que se sale, el tío. No le llega con enfrentarse a todas las instituciones habidas y por haber, perderle el respeto a la gente elegante de la Xunta de Galicia y de la Diputación y hacerle feos a la oposición. Ahora se ha puesto a tirar todos aquellos elementos que podrían haber sido construcciones emblemáticas de la ciudad. Por ejemplo, usted tiene una muralla del siglo XVII en el centro de la ciudad. Pues no hay mejor sitio para poner, qué sé yo, pues una escuela de hostelería o un salón de plenos para bodas y bautizos. O tiene la mayor playa de Galicia, pues nada mejor que llenarla de chiringuitos con altavoces berrando a Julio Iglesias doce horas al día. ¿En qué otra ciudad se podrían ver cosas tan bonitas? En muy pocas de la provincia, eso se lo aseguramos nosotros, que desde luego en Porriño no las hay. Pues en lugar de buscar elementos emblemáticos, ya está el Caballero con el mazo en la mano y haciéndose fotos. Pues como empecemos el juego de ponerse el mazo en la mano, a lo mejor sale perdiendo, por listo.

Es como lo de los impuestos. Bajarlos lo hace cualquiera. Lo difícil es haberlo hecho antes, eso sí que tiene mérito y no lo de ahora. Total, para eso, mejor no hacer nada. Y es que para cosas difíciles, sentarse en una mesa a contar los vuelos que queremos para Vigo. Sevilla, Madrid, Paris, Nueva York, Tailandia, Toronto. Un mundo entero ante nuestros ojos. Otra cosa es decir cómo lo vamos a hacer, claro. En Vigo lo realmente difícil es lograr sentarse con Figueroa en una mesa, como si no se duchase, el pobrecico. Quien no disfruta de los pasos de gigante que damos es el fiscal de delitos urbanísticos. Se queja, el muy amargado, de que la Bravo Bosch sólo viene a la foto y en cuanto se va la prensa,se levanta disparada y si te he visto no me acuerdo. Como si no fuese bastante fortuna aprovechar esos segundos de la delegada de Vigo, que está aquí civilizándonos y no lo sabemos agradecer.

porcosEstos son los topos que encontraron debajo del restaurante el Castillo. Ya tiene su asociación de afectados.

complicacións

Non sabemos se será ou non o pobre Figueroa o candidato ás eleccións locais. O que é seguro é que quen sexa vaino ter complicado para explicar aos vigueses como é posible que a Xunta propoña «unha central de compras e un xestor único» para os tres aeroportos galegos e ao día seguinte explicar que a Xunta non ten competencias aeroportuarias. Se pretendían xestionar competencias alleas ou é que directamente mentiron non é algo doado de explicar. Por suposto, dá por feito que as subvencións ás liñas aéreas están ben se as dá a Xunta, pero cando as dan as cidades son «fratricidas«. Xa sabemos que se a Xunta algo quere é que os galegos nos levemos ben entre nós. Que ela pintar non pinta moito, pero, por favor, libertade e iso sí, pero con educación sobre todo.

Digo eu que poderían na Xunta pór a Abel Caballero de exemplo do que debe ser un bo alcalde, xa que se conforma co que lle boten. Que o Ave chega a Coruña, a Santiago e a Ourense antes que a Vigo, pois non pasa nada. Que se retrasa o retraso inicial, pois tampouco. A quen non lle parece ben é á Voz de Galicia, que saca un dos seus titulares para casos especiais do tipo «Caballero recoñece agora que». Tamén teñen o de «Caballero se empeña en «, e con estes dous van enchendo a edición local entre accidentes de coches e folgas de revoltosos.

feijjo e caballero

 

Feijoo e Caballero, unha historia de odio entre un interino e un funcionario.

Hai uns días un recoñecido deportista facía un vídeo no internet para denuncialo estado das pistas de Balaídos. Isto deu pe a que a xente lembrara que alí se fai deporte que non é fútbol, e que as súas instalacións, non sendo o que foron en tempos, pois están moi ben, ou, máis ben, estarían, se estivesen en condicións dignas. O caso é que o concelleiro de deportes non tomou ben as críticas e deixou caer ou criticou que o deportista en cuestión non é de Vigo, o que deixa claro que quen non é de Vigo é o concelleiro. Porque todos os vigueses saben que Vigo abarca dende o Morrazo ata Baiona e das Cíes ata Ponteareas, polo menos. A non ser que baixes a Vigo dende algunha parroquia, en cuxo caso vai dende a fonte de Falperra ata Santiago de Vigo e dende o Corte Inglés ata o porto. Así que O Rosal, que é o lugar onde naceu o deportista protestón, vería a ser como os suburbios ou o rural vigués.

Eu hai anos que non boto nin unha carreiriña para collelo vitrasa, así que non podo opinar dos problemas dos deportistas. Bastante teño con conquerir unha biblioteca preto da miña casa. En cambio campo de fútbol teño dous, pero iso non ten que ver co que falabamos. O caso é que non podo menos que criticar a desidia das autoridades neste tema. Concretamente das autoridades que se compromoteron en arranxar estas pistas hai máis de catro anos e ainda non o fixeron. Sendo Xabier Alonso concelleiro de deportes asinou un covenio coa Xunta de Galicia para este fin e aínda están esperando. Supoñemos que a culpa será de Caballero, por suposto, que non soubo negociar con modais e boa educación que a Xunta cumpla o prometido. Xa se sabe que a Xunta fai o que sexa, pero ollo, sempre que se lle pida con educación. A educación é o primeiro para se dirixir aos señores elegantes. E vese que o Alonso tampouco é bastante elegante para que lle fagan caso, porque el tambén protestou no seu día e nada de nada. A Xunta segue sen investir en Vigo o prometido.

Pola nosa parte xa lle decimos que non nos metemos en cousas de deportes, que nunca practiqueino nin ganas que tiven nunca. Tampouco é que nós sexamos sabios culturais, como Relova, por exemplo. Por que se ve que tanto ler secoulle os sesos, como ao probe señor Quijano. Non entendemos que diga que o Concello quere pechalo Auditorio ao tempo que lle acusa de lle regalar cartos. Tampouco entendemos que el mesmo non quera que os concertos organizados por Amigos da Ópera que el preside non escolla este Auditorio para os seus concertos. Co ben que lle vendría darlle ese pulo, pero tampouco. El prefire desprestixialo na súa comisión á que só vai el. Con este panorama cultural non é de extrañar que haia quen pida que se pechen museos na cidade. Será para abrir máis pistas deportivas, supoñemos.

metakinema10s2a1_clip_image003

Coas ganas que tiñamos de mirar a ópera no Verbum e agora van pechar Balaídos e nin Madonna vai poder vir.

rompió o romperá

No sabemos muy bien si la propuesta de la Xunta para las futuras ayudas a las líneas aéreas consiste en romper los pactos actuales o en no renovarlos en diciembre. Si nos fiamos por el Atlántico Diario la cosa ya está hecha, la ruptura, decimos. La justicia vuelve a reinar y la transtoria locura de la Xunta de subvencionar vuelos para Lavacolla se acabó. O, por lo menos, se acabó hasta que uno lee la noticia y comprueba que no se ha roto nada, que, en realidad, no se renovará el convenio. Bueno, tampoco, que el convenio que deja la Xunta lo recogerá el Concello de Santiago para los vuelos de Milán, Londres y Francfurt. Por su parte, La Voz de Galicia dice que los vuelos que pierden el apoyo de la Xunta son los de Málaga, Alicante y Sevilla. Son más elegantes y no dan por hecho que el Concello retomará la subvención de estos vuelos, sólo mencionan que la Xunta así lo sugiere. Nosotros, que no entendemos de gestores únicos ni de centrales de compras, no entendemos como se va a gestionar centralizadamente la coordinación de vuelos en Galicia si cada concello, por su cuenta, puede ofertar el llevarse los vuelos del vecino para meterse los dedos en el ojo. En eso estamos con Negreira, que de momento no querrá perder los vuelos obtenidos.

Y es que a veces parece que está todo solucionado con buena intención y no es así. Por ejemplo, la comisión del auditorio en donde pasa sus raticos buenos Relova. Pues resulta que se te estaba preparando para criticar a Caballero por su poca participación y resulta no sólo que le aporta toda la documentación que quiera, si no que hasta se ofrece a acudir cuando le llamen. Mientras, la concesionaria de este auditorio parece que es el primer interesado en que no se mueva mucho el porqué no acaba de arrancar su actividad. Digo yo que puede ser porque el arrancar la actividades del auditorio es precisamente su responsabilidad directa y única. Y si el auditorio no funciona es porque la concesionaria no cumple su parte del contrato, que no incluye el arreglo de ninguna calle, por cierto. Y es que Vigo tiene la propiedad de ser uno de los pocos lugares donde si algo se rompe no es culpa del manazas, si no del primero que pase por allí.

O, donde si alguien no sube los impuestos al ritmo de la subida de la vida, no rebaja esos impuestos, si no que los «congela«. Pero si la vida sube un 1,4% y el gobierno sólo sube las pensiones un 0,25%, no baja las pensiones, si no que las sube.

El Caballero me ha congelado los impuestos, pero los he podido pagar gracias a la subida de mi pensión.

luns de choiva

Outro luns con debate no Concello sobre temas que non incumben ás capacidades dos concelleiros. Se é o único que poden facer, pois ben está. Nós so podemos escandalizarnos. ¿Hai maior escándalo que a ruptura oficial do Faro de Vigo con Feijoo? «Vigo reclama a Feijoo«. Isto non se vía así dende aquelas celebradas enquisas ás forzas vivas da cidade sobre os presupostos (por certo, que botamos de menos saber qué opina Alvariño sobre calquer tema, a última de Almovodar, polo menos). Entre esta e a patada na boca que lle mete La Voz de Galicia a Figueroa estamos dispostos a saír á rúa se fora necesario, que o vai ser. As persoas decentes xa non temos referencias nesta cidade. Mesmo temos que soportar que os columnista de La Voz de Galicia, lonxe de criticar a Caballero por ser antipático, lle reclaman que pelexe máis. Pero se so lle queda saír cun coitelo á rúa a arranxar os problemas a facazos, ou eso di Louzán.

E se a última vez que falei aquí, fíxeno de misterios, o de hoxe non é menor. Din que o Concello aprobou hoxe unha moción, pero que en realidade só o PP votou a favor dela. A non ser que a minoría do Pp teña pasado hoxe a maioría por unha milagre é imposible que nada que voten eles en solitario sexa aprobado por ninguén. Pero para o bravo redactor esta imposibilidade democrática se converte en «papel mollado». Máis que papel mollado hai quen lle chama «vontade das urnas», pero é que son uns cursis. Estas cousas que pasan no Concello pasan en pouco sitios. Por exemplo, na Xunta non pasan. No Concello podes entrar, insultar ao alcalde, aos concelleiros e ao bedel se a cousa se pon ben, e non pasa nada. pero na Xunta, se tuses máis alto do que Bravo Bosch considera adecuado, acabas no xulgado. Por moito menos desto tense desfogado o Figueroa ben a gusto co sectario de Caballero.

Imagen

En Vigo, se hai que protestar, protéstase ata contra o decreto equino.

o príncipe

Que o Príncipe veña a Vigo pertence a ese tipo de sucesos que non interesan ao autor deste blog. Un señor que, de todos os sitios interesantes que hai por ver nesta cidade, escolla a fábrica de automóviles, dá idea do interesante que pode ser o que faga ou diga. Por non mencionar o feito de que, tendo os collóns negros dende hai unha chea de anos, ande todavía a ver o que lle apetece facer ao seu pai co negocio familiar, dá unha estampa pouco motivadora, a verdade.

Nós somos máis da chicha cotián do Concello. Que si Caballero lle dí a Figueroa que baixe el os impostos e non ande a foder cos 50 millóns de eurazos que os vigueses lle soltamos todos os anos á Deputación, que se Louzán di que el menos de 3000 euriños nunha cea fina no casino da Toja non se gasta, que Louzán volve dicir que para algo se quedou el co Museo do Mar, para repartir cheques entre os amiguetes, que o Agustín Hernández, o lustroso conselleiro, decide que 37 voós para Santiago son poucos e que en Vigo ben chegan tres, que menos localismos e máis alturas de miras.

Pero non todo é chabacanería nin puñaladas entre paletos, non vaian pensar que esta cidade é tan pouca cousa. Tamén hai misterios dos bos, dos que poucos entenden e moitos opinan. Como mostra, hoxe mesmo temos como na Voz de Galicia afirman que a pobre Federación de Veciños terá que despedir a vinte pico traballadores por culpa de Caballero, como deus manda. O misterio digno de Scooby Doo aparece cando hai uns días esta Federación de Veciños dicía que os tería en nómina un ano máis. Xa ven que misterios dos gordos nunca faltan en Vigo. Un deles podería ser porqué se empeña La Voz de Galicia en incluir nesta Federeación a asociacións veciñais que non foron nunca aceptadas na mesma por abarcar barrios xa representados. Digo eu que por resolver misterios non será.

Image

¿Que Caballero volveu aparcar mal o coche? ¡Xa temos páxinas cheas para tres días!

impostos

Pararon as rotativas pola primeira vez «na historia da democracia en Vigo» que se conxelan as taxas e impostos municipais. Pois haberá varios alcaldes que dirán que non é verdade, que eles xa conxelaron os impostos. O segredo parece estar en que os anteriores os aumentaron o mesmo que o IPC, mentras que agora nin iso vai subir Caballero. Parece lóxico, xa que o IPC xa non vai valer nin para subir soldos nin pensións, que tampoco valga para subir impostos. Tamén parecerá lóxico que pola parte do Pp estiveran en contra, xa que logo afirman que o Concello ten unha importante débeda oculta, e que a austeridade obriga a mantelos e mesmo subilos impostos que esta idea non lle gustara. Pois non, o mesmo señor que onte dicía que estabamos en crise e que tiñamos que pechar os servizos públicos por falta de cartos, agora di que non hai que recaudar. Eu non entendo, pero é que eu non teño os estudos de Fidalgo. Dos de Figueroa non digo nada, claro.

Isto debe ser como aquilo de que a xente non lle gustan as humanizacións, que o que queren é que lles arranxen as canalizacións de auga. Pero cando se enteran de que non lle cambian as losetas, ben que saen a manifestarse e mesmo paralizan as obras que fagan falta. E non entraremos no tópico das subvencións ás compañías aéreas, que onte eran a causa de pérdida de viaxeiros en Peinador e agora necesitamos máis. Según o que se dicía hai so un mes, o Concello vai á quiebra económica e está disposto a afundir o aeroporto, e todo co apoio da oposición, claro. Duros tempos nos que mesmo o Atlántico Diario ten que soltar algunha perliña en apoio ás teses de Caballero e contra as da Xunta. Que nos explicaran como mandar a eses turistas das «Rías Baixas» para que vaian dende Peinador ata Nigrán non pediremos explicacións, non vaia ser que nos enchan as carreteiras de bicicletas da Deputación.

mexilon

Louzán enterouse de que en Europa te andan en bici e foi buscar ao que entende el por un estranxeiro para comprobalo.

tránsito

Empeza o luns coa declaración formal de folga das limpadoras do Hospital Xeral. Nada que non poda pasar un luns e que, por suposto, nos move á maior das solidariedades coas traballadoras implicadas. A parte desto estamos desexando ver á responsable da Cig pola parte da limpeza, Tránsito Fernández, irlle berrar á delegada da Xunta, María José Bravo, do mesmo xeito que lle berraba ao alcalde cando a folga era das limpadoras dos colexios. Pode ser que o caracter democrático e participativo que lle esixía ao Concello non o atope con tanta comodidade nas dependencias da Xunta, onde non so non ten un pleno semanal que rebentar, senon que non atopa o que rebentar, así que en lugar de ter ido a protestar alá, como ía ao Concello, decidiu quedar no centro de traballo en non meter á pobre Bravo Bosch. Aposto que mentras dure este conflicto non se lle vai ver o pelo, mentras que o de Caballero viuse non so durante o conflicto, senón mesmo antes de que iste comenzara. Polo momento xa foron educadamente, e sen molestar moito, á sede da Xunta a entregar a declaración de folga, cunha foto ordenada e no exterior do edificio. As folgas, que non sexan nin políticas e sen molestar, así dá gusto.

E mentras isto pasa, o Relova, contra vento e marea, continúa a súa dura labor de lograr unha boa indemnización para a empresa concesionaria do Auditortio vigués. Primeiro tentou anular a concesión unilteralmente, supoñemos que a cambio dunha sustanciosa cantidade, claro. Logo tentou demostrar que a crise do hotel era culpa do Concello e agora xa está disposto a escoitar ás partes interesadas en deixar morrer o negocio e pedir en compensación unha indeminación. Eu non digo que o negocio do Auditorio esté baseado nun pacto non escrito entre Corina Porro e a actual concesionaria sobre o adecentamento urbanístico da zona e que, unha vez visto que é imposible que o Pp cumpla a súa palabra, tentan rescatar os cartos investidos pola empresa privada con cargo ás arcas municipais. E non o digo porque isto significaría que o Pp está traballando a favor do negocio dun particular e contra os cidadáns. Algo imposible de imaxinar. Esto sería como dicir que os 22 barcos prometidos por Feijoo no seu día para Barreras son fume e mentiras. Nada que ver coa realidade.

ImagenImagenXa é casualidade que a foto da Cig e a de Novas Xeracións para ilustrar os plenos do Concello se parezan tanto. Polo menos os cachorros franquistas te tapan al Rubén Pérez.

eurofund

A min esto de Eurofund e Porto Cabral e estas cousas de grandes comerciais, verán vostedes, non é por ser antipático, pero non me gustan nadiña. E non é por ter nada en contra de sitios grandes, porque teño ido a Madrid e mesmo teño quedado a durmir e aquí me teñen, tan pancho. Pero é que alguén que di «shopping research» e queda igual de pancho ca min cando durmo en Madrid non me gusta un pelo. Teño moito prexuizos e un deles é contra a xente que di cousas raras. E que conste que non é por envexa porque a min non me invitaran a pasalo ben en Zaragoza como aos medios vigueses. A uns máis que a outros, polo tamaño da noticia, parece. Nin sequera é porque a min iso do surf en piscinas podendo facer unha carreteira decente á praia de Patos ou facer parques con árbores enriba doutro parque con árbores que xa estaba antes pero sen tendas, non acabo de velo claro. Ben está que as cidades crezan e non se devoren a si mesmas, o caso é se iste é un bo pulo ou é unha patochada.

Porque iso sería como facer unha publireportaxe disfrazada de noticia. Non teño nada en contra das publireportaxes, nin en contra das noticias, pero é como atopar a cabeza dun cabalo na cama. Xuntos dan un pouco de arrepío. Vale que o día que se aproba a plantación de cen árbores se saquen reportaxes sobre os vellos que pasan calor por falta de sombra. Pase, xa postos, a que non sexamos capaces nin de convencelos de que se poñan gorras para a foto. Así non hai xeito de convencer a ningures de que están a piques de sufrir unha insolación, o carallo dos abuelos. Mesmo vale sacar como normal que o PP diga que hai que baixar impostos  despois de dicir que a débeda do Concello é de 100 millóns e que a súa política en todo o país para solucionar a débeda sexa subilos impostos. Pero tampouco pasa nada por pór as cousas no seu sitio, as reportaxes por un lado e a publicidade por outro. Máis que nada por atopalas cousas logo, digo.

Os vellos do carallo non quixeron pór nin un pano na cabeza para ilustrar o mal que o pasan por culpa de Caballero.

Éste era el título de una de aquellas noticias con las que nos alegraba el día el Atlántico Diario meses antes de las anteriores elecciones locales. Supongo que la cosa iba por la sonrisa fácil del regidor, que contrasta con otras impresiones que me han llegado de personas cercanas a él y que aseguran que tiene cara de palo la mayor parte del tiempo. Igual que la mayoría de mandatarios, tanta responsabilidad se tiene que notar a la fuerza, supongo. El caso es que la hambruna que padecen los vigueses, las pestes y endemias varias que asolan la ciudad ofendían el buen juicio del redactor, escandalizados por la bonhomía de Caballero.

Hoy volvemos por estos fueros. Sólo que ahora el escandalizado es Roberto Relova, esforzado exdirector del Conservatorio municipal y actual único miembro de la comisión sobre el Auditorio municipal que se reúne consigo mismo y eventualmente con la directora de este auditorio. Ya se le advirtió cuando se votó por la formación de esta comisión que los socialistas no formarían parte de ella. El Concello haría lo que mandara, aportando la documentación que se le requiriese, como así ha sido, y acudiendo cuando se le llamase, cosa que todavía no ha pasado. Parece ser que Relova por el momento ha llegado a la conclusión de que hay que anular la concesión de este auditorio, que no se anule, que el alcalde da dinero sin justificar a la concesionaria y que el alcalde mejoró las condiciones de la concesionaria para hundir al auditorio. Todo bastante lógico por el momento. Como nosotros somos fans de Relova, auténtico fichaje estrella de Corina Porro, le daremos un margen. De momento sólo recordaremos que puestos a hundir al Auditorio de Vigo unos han contribuído más que otros.

Mejor suerte parece tener la Xunta de Galicia, donde realizan estudios urbanísticos sin considerar elementos técnicos elementales y no reciben críticas de ningún tipo por ello. Al Concello parece que le marcan más de cerca. Sería interesante que además de epítetos le dedicasen alternativas, pero esto parece una tarea demasiado complicada para quien puede pasar por tres partidos políticos en un año sin despeinarse.

louzan1Louzán no pinta nada aquí, pero siempre que hablemos de risas, tendrá un lugar en nuestro corazón (foto robada del Facebook de Paula G.)